Sobre a vida

A Víctor Lozano Ferradás, in memoriam.

Un rei persa, a quen o pobo chamaba “o xusto”, viaxaba unha vez a través do seu reino. Nunha montaña bañada polo sol, viu un venerable ancián que coas costas dobradas traballaba. O rei achegouse e descubriu que o ancián estaba a plantar unha árbore.

-Que fas? -preguntou o rei.
-Planto nogueiras -respondeu o ancián.
-Ti, que es tan vello -admirouse o rei-, para que plantar unha planta cuxa follaxe non verás, a cuxa sombra non descansarás e cuxos froitos non comerás?

O ancián mirouno serenamente e contestou:

-Aqueles que nos precederon plantaron e nós puidemos obter as colleitas. Agora plantamos nós para que poidan recoller os que veñen detrás...