Smart hort a l’escola Rel . Centre d’educació especial … #smarteducation

Hoy traemos a este espacio esta experiencia de huerto escolar ... tenemos que ir pensando las posibilidades y virtualidades que el concepto de Smart Cities dentro de la educación puede aportar ...

Alumnes de l'Escola Rel d'educació especial, ubicada al barri de la Font d'en Fargues, han desenvolupat un programa informàtic per convertir l'hort escolar en un smart hort. Ara podran fer-ne el seguiment per internet o amb el mòbil.

L'Escola Relés una cooperativa escolar que forma part de la xarxa d'escoles del districte Horta-Guinardó.
És una torre de tres plantes amb un jardí d'entrada i un gran pati d'esbarjo. Com a espais diferenciats també disposa de un gimnàs i dos tallers (un d'ells destinat al PQPI).

El Parc del Guinardó, que està a tocar de l'Escola, permet desenvolupar múltiples activitats escolars en un espai de natura
.

Os dejamos tambien, el Projecte educatiu escola (pdf, 7 pp.)
(leer más...)

 Fuente: [ escola rel d'educació especial]

Talvez non poderei aguantar

Eu non sei se poderei aguantar a volta a clase. Non sei se serei capaz de manterme firme neses primeiros días nos que centos de miradas converxen en ti para medir a túa forza, o teu carácter, o teu medo, a túa compaixón. Non sei se poderei soportar o cálido reencontro con alumnos de cursos anteriores e o seu cruzamento de miradas cómplices. Non poderei sobrepoñerme á emoción de ver centos de nenos e nenas convertidos en pequenos adultos en virtude de apenas tres centímetros de crecemento estival. Non creo que resista a ilusión de poñerlle por fin cara a un público para o que levo meses imaxinando actividades e proxectos. Non me sosterán as pernas cando se calme o balbordo e a miña voz empece a debullar ese inventario de pequenos desexos que espero deles. Non poderei afrontar as súas voces titubeantes preguntando polo tamaño da libreta ou polos sitios nos que se poden sentar. Non me vexo en condicións de medirme con eses galiños que tratan de captar desde o primeiro día a atención das nenas cos seus xestos de matón. Non poderei manter a mirada cando os adultos se compadezan de min mentres envexan en segredo un traballo que te mantén sempre rodeado de mentes novas.

Creo que este curso non poderei aguantar as moitas alegrías que leva consigo ser docente, todo ese cúmulo de experiencias profesionais polas que tanto loitei e todos eses detalles que só coñecen os que viven a vertixe das aulas. Non poderei facelo porque o meu traballo nunca foi aguantar, resistir, soportar, afrontar... non. O meu traballo sempre foi ensinar, aprender e vivir. Aqueles verbos tan bélicos e outros máis feos quedan reservados para os políticos e para os seus incompetentes brazos executores, aos que, entre tanta dilapidación, polo menos lles está vedado o luxo de sentir cravada neles a mirada agradecida dun neno.

As illas Sisargas ao fondo, no mar de fóra...

A versión orixinal do texto, de Toni Solano, foi publicada no seu blog Re(paso) de lengua.

Carapuchiña e a escritura electrónica

Como xa contamos noutro momento, Caperucita Vermella decidiu que tamén ela tiña que usar as novas tecnoloxías aplicadas á escritura, e que por iso debía coñecer a mecanografía. E a moitos pareceunos algo lóxico, sobre todo se temos en conta as características da Web 2.0, onde resulta necesario un certo dominio do teclado. Se se trata, por suposto, de aproveitar ben as posibilidades dos computadores no ensino.

Unha vez que Carapuchiña fixo as súas correspondentes prácticas de mecanografía, considerou que estaba suficientemente preparada para a escritura co computador. Por esa razón, noutros posts e noutro sitio, ofrecémoslle a nosa axuda para que fose descubrindo novas ferramentas. Entre outras, varias veces deixou a súa capucha no laboratorio dixital e practicou coas seguintes aplicacións:

  • Animated Book, case a máis minimalista das ferramentas de escritura dixital dispoñibles na actualidade.
  • Tar Heel Reader, que é unha aplicación de escritura e tamén de lectura. Baixo un deseño simple esconde unhas grandes utilidades para a creación de materiais escritos.
  • Bookr, unha ferramenta sinxela e fácil de usar, que non require grandes coñecementos. Créanse pequenos libros con imaxes de Flickr, ás que se engade un pouco de texto e despois publícanse. Non require ningunha clase de rexistro.
  • TikaTok, que tivo uns inicios espectaculares, cando foi un dos mellores recursos para publicar libros en liña. Agora, co amparo de Barnes & Noble Company, aqueles servizos que tanto nos gustaron son de pago, pero a súa calidade segue sendo innegable.
  • Mixbook, unha das mellores aplicacións para escribir e publicar. Dispón de moitos recursos: fotografías, imaxes, fondos, persoais variados. Os seus resultados visuais son realmente bos.
  • Storybird, que é un gran sitio para que os nenos escriban historias marabillosas. O seu principal atractivo reside no seu banco de imaxes, que son verdadeiras obras de arte. Pero, por desgraza para nós, ten un problema grande: só admiten o inglés como lingua para publicar libros de acceso público. Os seus responsables aseguraron que admitirían máis idiomas, xa no 2011, pero non foi así. E algúns o sentimos moito.
  • StoryJumper, que, xunto con Mixbook, é un dos bos espazos web para que os nenos e adolescentes publiquen os seus libros e as súas historias dixitais. Trátase dunha aplicación bastante intuitiva, que dispón de persoais e de imaxes, aínda que tamén permite o emprego e a adaptación doutros materiais xa publicados neste sitio.