O Caldeiro Máxico, versión Propp

O vello caldeiro das historias chegou ata ao mesmo Espazo Abalar, o repositorio de recursos do proxecto TIC que está a funcionar en moitos centros educativos de Galicia. Este esquema de composición escrita, ou matriz de relatos, naceu a partir das observacións de Antonio R. Almodóvar sobre a estrutura do conto marabilloso de orixe hispánica.

Uns anos antes, cando empezaba a imaxinar os materiais, este artefacto para inventar historias era máis semellante ás ideas de Vladimir Propp. Pero nas secuencias narrativas básicas case non hai diferencias entre os dous modelos. E na miña experiencia, como un mestre que ás veces trata de investigar, así foron as cousas. Talvez por iso aínda lembro aos primeiros nenos que me escoitaron falar destes asuntos. A súa sorpresa, a súa incrible atención, o seu entusiasmo; creo que todo iso facilitou que seguise por aquel camiño de contos e de soños.

As historias que se crean con este caldeiro máxico, na versión de Propp, poden estar constituídas polos seguintes elementos: 1) Heroe ou heroína; 2) Os desexos; 3) A busca; 4) Os amigos e aliados; 5) Os obstáculos; 6) O lugar buscado; 7) O adversario; 8) A vitoria, por fin; 9) O regreso; 10) Alegría e felicidade.

O caldeiro máxico de Propp

Creatividade, lingua e imaxinación

Un día recibín un aviso de Antonio Omatos. Dicía que estaba a preparar uns materiais sobre a creatividade e que, como citaba algúns dos meus traballos, quería coñecer a miña opinión. Foi fácil responderlle, por suposto, e animeino, aínda que creo que non o precisaba. Os seus materiais eran moi bos, como despois puido comprobar nas redes sociais.

É unha sorte poder compartir algúns dos teus soños con xente como Antonio ou Ginés Ciudad-Real, e por iso teñen o meu agradecemento. Así que aproveitando as súas palabras e certas modificacións na estrutura do blog, que se poden ver ao inicio da sidebar, hoxe clasifico e fago máis visibles algúns dos posts que se dedicaron á creatividade e á lingua. Pero sempre desde a imaxinación, porque creo nas aulas como pequenas fábricas de historias

Secuencias narrativas básicas

Os heroes e as heroínas son personaxes que viven en mundos ordinarios, ás veces moi normais. Pero un día reciben unha invitación inesperada e todo cambia nese mundo. Ao principio, resisten e néganse a aceptar esa invitación recibida, incluso poden rexeitar os seus propios desexos. Mais un amigo ou un aliado anímaos e con eles atravesan unha primeira porta, pola que entrarán directamente nunha aventura soñada. Ou non…

En calquera caso, despois de cruzar esa porta inicial, aparecerán as probas, os inimigos e talvez máis aliados. Nun momento da historia, nun lugar escuro e afastado e perigoso, resolven certo enigma ou proba suprema. Así é como acadarán a súa recompensa. Aínda que, con toda probabilidade, serán perseguidos no seu camiño de volta, no seu regreso á casa e ao seu mundo ordinario.

Atravesarán entón a porta final da aventura, e resultarán transformados por esa mesma experiencia. Con todo, chegarán ao final desa historia, e chegarán coa alegría e a bendición dos seus, seguramente cun tesouro que favorecerá a súa nova vida. De feito, nada será como antes…

As secuencias dunha historia

Cartografías imaginarias para después de leer

Si los cuentos son mapas del mundo, las historias que cuentan los libros funcionan de igual manera. De hecho, las gramáticas del relato surgieron para tratar de explicar los componentes principales de las narraciones. Esas gramáticas desarrollan el armazón interno de las historias, que sirve para identificar esos elementos más importantes.

  • La galaxia de las palabras: en cualquier libro podemos destacar un vocabulario básico (nombres, adjetivos, verbos), con un significado especial para el lector. Para eso usamos esta galaxia. Luego, con ese vocabulario sencillo, se puede escribir un pequeño texto.
  • La estrella de las historias: su origen está en ese post anterior, pero ahora su función es la de caracterizar una historia. Por eso, en un libro, busca a los personajes, su escenario o lugar, el problema y su desenlace.
  • El mapa del libro: es la adaptación final de de un recurso que ya utilizábamos. Ahora se ha convertido en la utilidad cartográfica y de lectura de más nivel, a la que se llega después de conocer las anteriores.

La galaxia de las palabras

Aprender a escribir en Primaria

Cando os nenos se internan na escritura, a lóxica interna da lingua escrita sobrepásaos. Pero a aprendizaxe da lectoescritura é, en certo modo, a proba iniciática que se lles reclama para que poidan integrarse plenamente na nosa sociedade. Por iso hai que ser conscientes da lentitude deste proceso, e adaptar o desenvolvemento da aprendizaxe ás súas esixencias psicolóxicas.

Así, Anna Camps, nunha investigación de Scardamalia sobre a escritura, observou que na lingua oral eran capaces de usar ao mesmo tempo de tres a cinco esquemas de contidos, pero que, en cambio, tendían a manexar de un a tres na composición escrita, sobre todo cando se trataba de textos expositivos. Ademais, a mesma autora tamén explica que segundo moitos estudos a produción escrita opera moi preto do límite de sobrecarga cognitiva.

A pesar de que calquera aprendizaxe relacionada coa escritura pode transformarse nun proxecto individual, o certo é que ese proceso necesita, en moitas situacións educativas, dalgunha instrución directa que posibilite o coñecemento dos usos textuais. Con independencia da tipoloxía do texto, e citando outra vez a Anna Camps, podemos distinguir tres operacións ou pasos no proceso de produción escrita, persoal ou cooperativa. Son a preparación, a elaboración e a revisión; e que actúan en todos os niveis de actividade lingüística.

A escritura, como proceso educativo, non ofrece unha imaxe lineal, non é un camiño recto, mais ben lembra a unha espiral. A escritura depende moito do mecanismo da recursividade, é dicir, é un proceso que en moitas ocasións regresa a un paso anterior para avanzar de novo un pouco máis…

Os pasos da escritura

La Estrella de las Historias

Esta estrella es una de nuestras cartografías imaginarias para después de leer. Como las restantes, contiene algunos de los elementos básicos de una historia: los protagonistas y personajes, el escenario o lugar, el problema y el desenlace final. Por eso, en la escuela sirve para comprender lo que un libro nos dice. O al menos es lo que pretende, como cualquier buena estrella…

Estrela das historias b

Lengua escrita y aprendizaje cooperativo

El aprendizaje de la lectura y de la escritura requiere una planificación y un tiempo escolar perfectamente definido, donde se pueda hacer realidad la experimentación y el juego con la lengua escrita. Por ejemplo, para la creación de cuentos e historias en el aula. Porque el conocimiento surge de la interacción entre la experiencia sensorial y el razonamiento, que son dos aspectos indisociables. Por eso, no se deben separar las actividades de lectura y de escritura del trabajo cooperativo. Las ventajas que ofrece son muchas y de tanta eficacia que la escuela no puede desaprovecharlas, como se relata en numerosas investigaciones específicas.

En resumen, la cooperación y la colaboración durante el aprendizaje sirven:
  • para aprender a trabajar con los demás, promoviendo una organización compartida;
  • para aumentar el respeto mutuo entre los niños;
  • para aprender a dialogar y a discutir, sabiendo defender los propios pensamientos;
  • para descubrir ideas en común, ofreciendo oportunidades de trabajo variadas;
  • para aprender a ceder ante propuestas mejores;
  • para introducir la corrección idiomática entre iguales en el momento mismo de las actividades de lectoescritura;
  • para animar a los niños a responsabilizarse de su aprendizaje;
  • para clarificar sentimientos personales y pensamientos por medio de la comprensión;
  • y para incrementar la autoestima y el conocimiento individual y colectivo.
En las circunstancias de una escuela, la interacción entre compañeros con niveles ligeramente distantes, en las habilidades o en el dominio lingüístico, debido a los conflictos cognitivos que aparecen, posibilita el conocimiento de los otros y las diversas perspectivas de una misma actividad. Silvia González y Pep Hernández lo explican muy bien en una experiencia que combina el aprendizaje de la lengua escrita y uso de las TIC’s.